A Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, por medio do
Servizo de Conservación da Natureza e previo informe dos servizos provinciais á
Dirección Xeral de Conservación da Natureza, mantén uns convenios de
colaboración coas sociedades colaboradoras de pesca fluvial. Nestes convenios
recoñécenlles unha serie de dereitos a esas sociedades e asemade esíxenlles
unha serie de obrigas. Entre eses dereitos están o de dispoñer dun determinado
número de permisos de pesca diarios para o acoutado obxecto do convenio, tendo
tamén a sociedade dereito a reservar a
totalidade dos permisos diarios para tres xornadas de pesca dunha tempada. No
canto das obrigas inclúense a de manter limpos os accesos, sendas e postos de
pesca do couto, sinalización, melloras ou mantemento de infraestruturas coma
pasarelas, escalas, etc., manter un rexistro diario de capturas e, cousa moi
importante, repartir equitativamente os permisos concedidos entre os seus
asociados e exclusivamente entre os seus asociados.
En algúns coutos, nos que entre os permisos que se escollen nos sorteos na primeira e a segunda volta, logo na venda libre, amén desas tres xornadas nas que a sociedade colaboradora reserva a totalidade dos permisos diarios, ou de algunha outra xornada na que tamén poden reservar a totalidade dos permisos diarios aquelas sociedades colaboradoras que non teñan ningún tramo de río conveniado, ás que cabería engadir outras posibles xornadas de pesca que se reserven para competicións oficiais, xa se esgotan a totalidade dos permisos diarios de pesca dispoñibles. Despois tan só os membros desas sociedades teñen, ou poden ter, permisos de pesca a súa disposición ao longo de toda a tempada de pesca. Inda que tampouco é, ou non debería ser, ningunha bicoca, tendo en conta que se nunha sociedade son uns 100 socios, ou pouco máis, e dispoñen duns oitenta permiso de pesca por mes para repartirse entre eles, sempre que se faga o reparto equitativamente, tocaríanlles tres ou catro permisos por tempada a cadaún deles. Con todo, levábamos uns anos vendo abraiados como algunhas sociedades colaboradoras de pesca fluvial, malia non notarse que se tivesen feito ningunha clase de melloras ou traballos neses tramos conveniados, seguían gozando de permisos diarios de pesca, en algún caso mesmo dunha cantidade desproporcionada de permisos. Por ilo, fomos moitos os que nos felicitamos cando dende o Servizo de Conservación da Natureza se puxeron mans a obra para adaptar, ou axeitar, o número de permisos diarios concedidos ao que realmente lles correspondía a esas sociedades, corrixindo asemade o agravio comparativo que se estaba facendo con aquelas outras sociedades cumpridoras. Daquela entendéramos que se tiña a intención de esixir o cumprimento dos convenios asinados, que se vixiaría que todos aqueles que gozasen dun privilexio cumprisen relixiosamente coas súas obrigas, pero foi tan só un espellismo.

Os pescadores de a pé, cando
visitamos eses tramos conveniados, somos testemuñas diarias e directas do incumprimento
das obrigas asumidas por esas sociedades colaboradoras. En algún caso non se
fixo traballo algún. Nótase ben. Noutros casos os traballos fanse fóra da
tempada de pesca. O pescador, coma usuario dese espazo, o que quere, o que
agarda, é atoparse unhas sendas, uns accesos e uns postos de pesca limpos, pero
non é así. Ao longo da tempada as silvas medran polos accesos, as fieitas soben
e son tan ou máis altas co pescador que camiña pola senda e as herbas altas
dificultan achegarse aos postos de pesca e mesmo ao río. Pouco importa que
estea todo limpo e en orde fóra da tempada de pesca, ese non debería ser o fin
pretendido, máis ben debería ser tan só unha consecuencia. Outra curiosidade é
que a miúdo vemos como moitos pescadores repiten ou encadean xornadas de pesca
neses coutos, inquirimos, temos curiosidade e queremos saber, falamos con eses
pescadores e dinnos que na sociedade son uns poucos os que limpan, por iso os
permisos diarios de pesca, ou se reparten entre os que limpan, ou que para
obter eses permisos en determinados momentos da tempada, eses que limpan teñen
prioridade fronte aos que non o fan. Dicímoslles que por qué a sociedade non
contrata eses traballos, logo pagan tódolos socios a partes iguais o importe
desa contrata e así tamén terán todos os mesmos dereitos e oportunidades para
repartirse eses permisos de pesca. A resposta ou respostas van, máis ou menos,
sempre por esta mesma liña: “Non oh! Mellor así. A nós convennos que se faga
desta maneira e así poder pescar máis días cos outros. Pois senón eu non veño
limpar! Quedo na casa coma eles! É que se se reparten os permisos a partes
iguais non dá para todos ou dá para moi pouco”. Malia todos eses incumprimentos
dos convenios podemos ollar, porque os permisos e xornadas reservadas ás
sociedades colaboradoras xa foron retirados do total dos permisos diarios
dispoñibles nesta tempada, que os convenios de colaboración seguen manténdose
sen cambios.
Despois tamén atopamos xornadas
con tódolos permisos de pesca reservados, que se supón foron reservas feitas
por sociedades colaboradoras, cómpre pensar iso porque están reservadas xa
antes de empezar a escoller os permisos dos sorteos, ou senón é que están
reservadas para competicións oficiais. Non obstante, vemos como algunhas datas
coinciden en lugar e día co calendario de competicións abertas e oficiosas e,
se eses permisos foron reservados por sociedades colaboradoras que teñan
conveniado ese tramo acoutado, só poden, porque así o contemplan os convenios,
ser distribuídos entre os seus socios. E se son socios tódolos participantes
nesas competicións xa deberán ser chamados campionatos sociais. Inda que é
difícil de crer cando cómpre clasificarse para algunha delas. A non ser que se
vaian engadindo os deportistas á lista de socios dunha determinada sociedade a
medida que se vaian inscribindo ou clasificando para algunha determinada
competición. Nese caso xa estariamos perante un claro fraude de Lei.
Moitos preguntámonos se a nosa
administración autonómica ten realmente interese en vixiar e facer cumprir a
Lei e os compromisos (convenios) asinados, se realmente lle interesa poñer orde
dentro do mundiño da pesca fluvial galega ou se o que quere, o que lle convén é que
todo vaia indo, que non se faga moito barullo ao redor desta actividade.
Semella que o que mellor lle pode valer a nosa administración é ignorar. Por un
lado ignorar aos que fagan barullo, aos que reclamen, aos que esixan ou amosen
interese en que se cumpra a Lei. Polo outro semella que non queren darse conta
das manobras, dos usos e mesmo abusos que se fan dos nosos bens públicos,
porque os cartos deses permisos que se regalan, desas xornadas de pesca que se
regalan, son públicos, como tamén son de dominio público os nosos cursos
fluviais. E se todos entendemos que se faga unha xestión regulamentada, tamén
queremos que se pense no interese común, en non agraviar a aqueles que cumpren
co asinado e coa Lei. Pero as dúbidas en troques de minguar aumentan. Teñen que
aumentar cando nos decatamos que despois de concederlle unha inxente suma de
cartos a unha sociedade de pesca para cubrir os gastos de gardaría, ademais
diso se lle aumenta a porcentaxe de permisos de pesca diarios ata o cincuenta
por cento. Págaselle a gardaría con cartos que saen das contas públicas, pero
semella que non abonda, pois inda non contentos con iso dánselles máis permisos
diarios de pesca. Mentres tanto, outras sociedades que se esforzan para poder
manter unha gardería máis ou menos decente, que dentro das súas posibilidades
vixíe o couto e o manteña dentro dun criterio acorde coa actividade que alí se
desenvolve, tan só reciben unha axuda que non chega nin a cubrir o IVE aplicable
á cantidade a pagar pola actividade profesional deses gardas. Vendo estas, e outras moitas cousas, entendo
cada vez máis a todos aqueles que van tan só a súa tentando cada día encher o
cesto onde, como e cando poden. Poida que sexa esa a triste solución, a de
“Muerto el perro se acabó la rabia”. Temos problemas de cobiza porque temos
tramos de río con salmóns, con reos e con troitas, cando desaparezan eses
salmóns, eses reos e esas troitas, desaparecerá a cobiza e con ela os
problemas. Triste futuro nos espera.
Bonito artículo aunque no lo comparta, puesto que al ser un tema delicado has sido demasiado aséptico.
ResponderEliminarComo bien sabes la ley de pesca NO RECOGE los convenios como tal y si las concesiones. No recuerdo en que legislación viene recogida la celebración de los convenios con entidades privadas como es este caso, pero entiendo que al haber y una figura (concesión) recogida explícitamente no tiene aplicación el convenio (que es el cajón desastre donde metemos todo lo que queremos sacarnos de encima) el cual es una figura más light que la anterior.
Echale un ojo a esto y entenderás porque los considero alegales en el caso de la Ley de Pesca.
http://fiscalizacion.es/2010/12/20/los-convenios-de-colaboracion-de-las-administraciones-publicas/
Un saludo