Grande

Grande

luns, 12 de xaneiro de 2015

Convenios de Colaboración e outras Curiosidades (Bis)



Escribo isto ao fío do comentario feito no anterior escrito:

Á vista da normativa aplicable; neste intres é certo que os convenios de colaboración asinados coas sociedades colaboradoras por parte da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas semellan non ter encaixe legal algún. O que poderiamos preguntarnos é por qué eses convenios se fixeron e manteñen no tempo sen corrixir esta situación. Cómpre recordar que foi ou vai facer un ano, concretamente o primeiro día de pesca da tempada pasada, cando en algún xornal dese día aparecía unha nova, escrito, artigo ou como se teña ou queira chamarse, no que unha relación de sociedades de pesca e algunha outra entidade relacionada coa actividade, amosaban o seu desacordo coa corrección feita pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, no referente ao número de permisos de pesca diarios concedidos a algunhas sociedades de pesca asinantes dun convenio de colaboración. Entre esas sociedades ás que se lles aplicou esa medida correctora estaban unhas cantas sociedades de caza e pesca. Algúns felicitámonos por ver que, despois de moito tempo, alguén se atrevía a corrixir unha situación que supoñíamos inxusta. Como as sociedades de caza contratan gardaría, nós supoñíamos que as de caza e pesca poderían moi ben argüír ter contratada esa gardaría para a pesca. Inda que sabemos da imposibilidade de adicar o 100% do tempo a varias actividades distintas, no caso das sociedades de caza e pesca, polo número de permisos dos que algunhas desas sociedades gozaban, víamos abraiados como iso semellaba factible.

Tampouco se entende moi ben que se asinen convenios, e por tanto se concedan recursos públicos, a entidades que teñan coma obxecto ou fins propios dúas actividades sen relación algunha entre elas. Cómo podemos saber se os recursos destinados a unha determinada actividade non son empregados noutra distinta? Por exemplo os da pesca na caza ou viceversa. Existe algunha clase de control por parte da administración? Sen entrar xa na propia idiosincrasia das sociedades de caza. Na maioría desas sociedades non tódolos cidadáns temos dereito a ser membros. Ou se é nado no concello, ou dentro do perímetro do TECOR ámbito de actuación desa sociedade, ou estás alí empadroado, ou tés bens inmobles, ou algún vencello familiar, senón non podes facerte socio, ou se podes xa é cunhas condicións disuasorias. Por tanto, concedendo axudas públicas a estas institucións con procesos de admisión discriminadores  tamén se está incumprindo a Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación que no seu artigo 4.5 di: Los poderes públicos no facilitarán ningún tipo de ayuda a las asociaciones que en su proceso de admisión o en su funcionamiento discriminen por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social. Non obstante, dende concellos ata Deputacións e a propia Xunta de Galicia repártense axudas públicas entre estas entidades. E o paradigma xa é cando unha sociedade privada obtén dun organismo público o uso exclusivo, temporal ou permanente, duns determinados bens ou recursos públicos, a través dun acordo plenario dunha institución pública, para logo xestionalos cun interese unicamente privado, discriminando mesmo na inscrición aos posibles participantes, pois mesmo se impoñen unhas cotas máis onerosas para os non membros da sociedade xestora ou organizadora.

Por iso escribín o anterior, porque houbo o que eu entendín coma unha intención, un proxecto, mesmo unha necesidade de poñer orde fronte ao inmobilismo destes derradeiros anos, pero semella que se quedou en nada. Pode que o interese de algúns fortes, ou algúns fortes intereses, entre eles os políticos, se estea impoñendo á legalidade vixente, mesmo á evidente necesidade de corrixir multitude de eivas. En algún caso mesmo semella que iremos a peor. Abonda con botarlle un ollada á nova chambonada que dende Augas de Galicia nos están preparando co asunto dos caudais ecolóxicos. Semella que se ignora, ou que con algún fin ou interese concreto se quere ignorar adrede a Lei de Conservación da Biodiversidade. Pero todo o dito, e outras curiosidades polo estilo, neste noso PAIS, xa fai tempo que deixaron ou deberían ter deixado de ser novidade, de abraiarnos!!

Grazas polo comentario. Un saúdo.
  

1 comentario:

  1. Manolo, eu firmo contigo os dous artigos.
    Entendo que si hai sociedades que fan e traballan, pero contanse cos dedos de unha man, e curiosamente, todas as que coñezo están en Coruña.
    Falo de Lugo... se lle chamamos traballar polo río ir media maña coller catro plásticos arredor de unha ponte e o beneficio e caño libre nos permisos todo o ano xa me cuadra mais.
    Pero todo se resume na nula importancia que a Administración lle da a pesca, se desaparecese esta era un problema menos. Como evitalo... tan sinxelo como limitar a cada pescador o disfrute de un coto (e vou ser xeneroso, non sei como me veu este ataque de magnanimidade) tres veces por mes ¡e xa está!
    E claro o control por parte da administración, non entendo como un acto administrativo o pode desenrrolar en pleno seculo XXI o primeiro sirvechatos que asome na barra do bar donde se expiden permisos (ti eres cliente, hai coto, ti ves de fora, te fodes) Coño, a alguen se lle ocurriria que ese camareiro lle tramitara a xubilación?
    En resumen, eu proporia o de Castela León alá polo 2000, a tomar viento toda prevenda de sociedades ¡e siguen tendo pesca igual!

    ResponderEliminar